Durante todo este mes de xuño, quen quixer, persoas ou colectivos, poden presentar microproxectos para optar arredor da memoria sonora da Agra do Orzán para optar ao financiamento a conta do programa de Sinsal Audio para a Concellaría de Cultura. As propostas escollidas apoiaranse con entre 2.000 e 3.000 euros para o seu desenvolvemento no mes de outubro.
Para entrar na convocatoria non é preciso ser da Agra do Orzán, poderanse presentar iniciativas de todo o territorio galego con tal de que o proxecto xire arredor do patrimonio sonoro e musical do barrio da Coruña. Búscase a participación, en especial da veciñanza, a través dos colectivos que se moven no barrio, de persoas interesadas ou de quen teña unha idea brillante para recuperar e dárlle vida á música do Orzán. Para a elaboración dos microproxectos pódese tirar partido do traballo desenvolvido por Sinsalaudio na primeira etapa do proceso no que a consulta de fontes e máis de sesenta entrevistas forneceron un material de grande valor para coñecer o barrio e a súa historia cultural.
Os proxectos deben implicar dunha maneira ou outra á cidadanía e terán que desenvolverse como mínimo nun día e nun mes como máximo. Poderanse realizar nos espazos do barrio, comercios, áreas comerciais, escolas, locais sociais, bares ou no Centro Ágora.
No blog www.musicaenbranco.org atópase a ficha de solicitude que comper acompañar dun CV antes do 30 de xuño. Máis información en http://musicaenbranco.org/convocatoria/.
A investigación, a participación activa da veciñanza e a programación de actividades son os tres eixos sobre o que se constrúe Música en Branco,o proxecto de Sinsalaudio para o Concello da Coruña que se está a desenvolver no barrio da cidade.