O tradutor de 'Sempre en Galiza' ao inglés, premio Ostana

O tradutor ao inglés de Sempre en Galiza, Craig Patterson, foi recoñecido co Premio Ostana, outorgado pola asociación cultural Chambra d'Òc e mais pola Comune -Concello- de Ostana, no italiano val do Po.
 

patterson 2
photo_camera O tradutor Craig Patterson. Foto: cedida.

O galardón, que nesta a 11ª edición tamén sinalou o escritor Manuel Rivas, ten como obxectivo a celebración e preservación da diversidade cultural e lingüística e a difusión da literatura en linguas minorizadas e minoritarias.

Patterson (Gloucester, Inglaterra, 1977) publicou a súa versión do emblemático ensaio de Castelao en 2016, na editorial Boutle. Académico correspondente da Real Academia Galega, encargouse recentemente da tradución de A Veiga é como un tempo distinto (Xerais, 2011), de Eva Veiga. O resultado, Home is Like a Different Time, foi recoñecido polo PEN Clube en 2017.

Ademais de Patterson e Rivas, só outro escritor foi distinguido nalgunha das 11 edicións dos premios Ostana: Alfredo Conde.

Máis en CULTURA
Comentarios