O PontePoética avanza na súa internacionalización

O Festival Internacional de Poesía de Pontevedra regresa o 7 de abril con numerosos autores galegos e internacionais, como Bernardo Atxaga.

pontepoetica6
photo_camera Imaxe do PontePoética 6

Este encontro, organizado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello de Pontevedra, achegará á cidade do Lérez poetas de interese de todo o mundo. Desde o arxentino Andrés Neuman, até a polaca Grażyna Wojcieszko, a catalana Mireia Calafell, o vasco Bernardo Atxaga, o portugués João Luís Barreto Guimarães ou o islandés Sjón, tamén coñecido polas súas colaboracións coa cantante Bjork. 

A presenza galega en Pontepoética 7 é tamén destacada, con Antón Lopo, Ana Romaní, Berta Dávila e Cesáreo Sánchez. 

Desde a sexta feira 7 até o domingo 9 de abril haberá encontros poéticos con escolas, recitais nas ruínas de San Domingos e no Teatro Principal, espectáculos poéticos en pubs e obradoiros de narrativa e poesía. 

Comentarios