O Banco de España calcula que non se recuperarán 40.000 millóns de euros do resgate bancario

Dos 54.353 millóns do resgate público recuperáronse até agora menos de 4.000 millóns.

Banco de España (Madrid)
photo_camera Banco de España (Madrid)

O Banco de España actualizou o balanzo do custo do resgate público á banca e dá por perdidos máis de 40.000 millóns de euros, unha cifra que extrae após actualizar os datos do diñeiro recuperado e do que é recuperábel. Desde maio de 2009, as axudas do Frob ascenderon a case 54.400 millóns de euros dirixidos a 14 entidades financeiras. Ao feche de 2016 recuperáranse 3.873 millóns. A esta cifra, o Banco de España engade outros 10.400 millóns que considera recuperábeis.

Fóra destes cálculos fican os máis de 40.000 millóns que se darían por perdidos, cantidade que en base a esta actualización do Banco de España non volverían ás arcas públicas.

Dos 3.875 millóns retornados até o de agora, 783 millóns proceden da venda de Novacaixagalicia, actual Abanca. As caixas galegas recibiran axudas e inxeccións de diñeiro por máis de 9.000 millóns de euros, se ben hai cálculos que elevan esa cifra mesmo por riba dos 10.000 millóns. 

Comentarios