Caramelo bota o fecho

A medida afecta 79 traballadores en Galiza e 169 no conxunto do Estado español.

Caramelo
photo_camera Caramelo

Caramelo, unha compañía textil galega de referencia, presentou na mañá desta terza feira a súa liquidación, unha medida que afecta 79 traballadores en Galiza e 169 no conxunto do Estado español. A decisión da empresa, que pertence ao grupo Inveravante de Manuel Jove, implica o fechamento dos puntos propios de venda así como do espazo que ten nas grandes superficies comerciais.

Caramelo presentara en 2013 un concurso de acredores, após varios anos en dificultades. Superouno oficialmente en maio de 2014 e en 2015 estreaba nova sede no polígono de Vío. 

Comentarios