CIG recorre a guía da CNMV por “desprotexer a clientela e atacar a normativa laboral”

O sindicato afirma que vulnera o estatuto dos traballadores e invalida os convenios colectivos inexistentes.

CIG abanca
photo_camera CIG abanca

A CIG presenta recurso contra a ‘Guía Técnica 4/2017, de 27 de xuño, para a avaliación dos coñecementos e competencias do persoal que informa e asesora’ da Comisón Nacional do Mercado de Valores (CNMV). O sindicato entende que o documento desprotexe a clientela, dá atribucións ás entidades financeiras para invalidar titulacións públicas, vulnera o Estatuto dos Traballadores e invalida os convenios colectivos vixentes. “Facilita ás entidades financeiras unhas atribucións inéditas”, denuncia.

A Federación de Banca da CIG lembra que a UE aprobou unha directiva, coñecida MIFID II, ten como obxectivo a protección da clientela das entidades financeiras. “Porén, malia os sucesivos escándalos acontecidos neste sector, o Goberno español, que debería ter adaptado esa lexislación de 2014, aínda non o fixo”. Isto é, afirma a central, "unha mostra do desleixo pola protección da clientela por parte do Goberno do Partido Popular".

Comentarios