82% do facturado en Galiza por industrias extractivas de enerxía, auga e residuos lévano empresas foráneas

As industrias que teñen sede noutro territorio do Estado representan 34% da facturación de todas as que operan en Galiza.

MINA

Máis de 8 de cada 10 euros facturados en Galiza por industrias extractivas de auga, luz e residuos vai para empresas con sedes fóra do noso país . Así o recolle o Instituto galego de estatística (IGE) nuns dados que vén de publicar e dos que informa Europa Press. En global, as industrias que operan en Galiza e teñen sede noutro territorio do Estado español representan 34% da facturación total de todas as empresas que actúan no noso país.

Entre as ramas de actividade cuxa facturación vai en boa medida para firmas que teñen a súa sede fóra de Galiza están as de metalurxia e fabricación de produtos metálicos (60,4%), ou as da madeira, papel e artes gráficas (25%). No que atinxe a emprego, as empresas con sede fóra de Galiza representan case 13% do emprego asalariado nas firmas que operan no noso país.

Noutra orde de cousas, 7% da cifra de negocio das empresas con actividade industrial e sede en Galiza que realizan algunha actividade económica noutro territorio do Estado provén desas operacións alén de Padonelo.