Tres de cada catro comarcas de Galiza non acadan o PIB medio de Galiza

A crise non impactou por igual en todas as comarcas de Galiza. Sectores económicos predominantes, tecido económico, realidade poboacional, dotación en infraestruturas e outra serie de indicadores determinan as consecuencias da gran recesión nas diferentes comarcas. Os datos do Instituto galego de estatística (IGE) apontan que a taxa de variación do PIB comarcal nestes anos foi diferente.

Xente camiñando_Youtube
photo_camera Xente camiñando_Youtube

45% das comarcas galegas (24 de 53) tiveron unha variación de menos 0%, é dicir, que o produto interior bruto minguou. E houbo 29 nas que esa variación foi positiva, se ben en 7 delas esa variación ficou por baixo de 1,2%. 

Nos anos estudados, entre 2012 e 2014, 42% dos concellos galegos tiveron unha variación negativa no PIB municipal. Dos 314 municipios galegos, 132 entran nesa categoría, a de municipios onde o PIB descendeu.

No que atinxe a PIB por habitante comarcal, se temos en conta que a media de Galiza é 100, 77% das comarcas non acadan esa media: 41 de 53. De feito, hai 10 comarcas que fican por baixo de 65% do produto interior bruto medio galego. Mentres que só 12 superan esa media. Unha dinámica igual ensina e evolución municipal. Se o produto interior bruto medio de Galiza, como sinalamos antes, é de 100, hai 263 concellos (84% dos existentes no noso país) que están por baixo del. E destes 263, 36 municipios non chegan a ter o índice medio de PIB municipal galego.