A patronal da construción propón portaxes en autovías para pagar as pensións

Seopan súmase ao interesado discurso da insostibilidade do sistema públicos de pensións. 

peaxe portaxe

Seopan, a patronal da construción, non é unha calquera. Representa grupos e firmas cun poder económico e cuns contactos a nivel de institucións públicas que non gozan moitos. É a patronal de Sacyr, Dragados, San José, OHL ou Acciona, entre outras, raíñas da obra pública. O presidente de Seopan vén de propoñer que se poñan portaxes en autovía libres de pago para que con eses cartos se financien pensións, entre outros aspectos.

“Temos un gran stock de infraestruturas, poñámola en valor”, dixo Julián Núñez, que instou ademais a que se abra un debate sobre o pagamento polo uso das infraestruturas de comunicación.

As construtoras entran así de cheo no discurso da insostibilidade do sistema público de pensións, un discurso que prepara o camiño para a privatización e que, como aconteceu noutros eidos, quer transmitir que a pensión non é un dereito mais un privilexio.

Boa parte do discurso sobre a inviabilidade do sistema público de pensións emprega como argumentos estudos, opinións e informes procedentes do denominado ‘Comité de expertos’. Creado no ano 2013 polo goberno do PP. Dos 12 membros electos polo Goberno, 9 representan bancos e aseguradoras.

Comentarios