A Plataforma Galega chama a boicotear a reválida de 3º de Primaria

Anxo Louzao denuncia a “obstinación” da Consellaríaen manter estas probas embora o amplo rexeitamento da comunidade escolar. 

Concentración PGDEP contra as reválidas
photo_camera Concentración PGDEP contra as reválidas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama as nais e pais para que non envíen as súas fillas e fillos a facer a reválida de 3º de Primaria, prevista para terza e cuarta feira, 30 e 31 de maio. O seu portavoz, Anxo Louzao, denunciou a “obstinación” da Consellaría en manter unhas probas embora “ o clamor do profesorado, das familias e do propio alumnado contra a LOMCE e contra as probas que dela emanan”.

Louzao valorou moi positivamente que nas probas de 6º de Primaria e 4º da ESO, realizadas os pasados días 23 e 24 de maio, por volta do 80% do alumnado non participasen. Denunciou, ademais o intento da consellaría de manipular e “falsificar” a realidade, por ter afirmado que un 60% do alumnado si se presentara a facer estas reválidas, cando

A Plataforma insta a Consellaría “que entre en razón” e que se inicie un proceso de diálogo para camiñar cara unha Lei Galega de Educación que atenda as necesidades reais do sistema educativo galego. Louzao valorou ademais  como unha “irresponsabilidade” e un “dispendio” de cartos do erario público os gastos derivados de realizar as reválidas, máis cando non serven sequera para medir “aquilo para o que están pensadas”.

Comentarios