Anxo Rabuñal Rey: Castelao, artista en acción

O 'Diario 1921. Francia, Bélxica, Alemaña' de Castelao foi o último libro do rianxeiro en ser coñecido e durante moitos anos chegou a nós censurado e mal editado. O investigador e editor Anxo Rabuñal Rey (Compostela, 1963) pasou o traballo de  analizalo a fondo e cun traballo de investigación moi detallado consegue entregar un ensaio —'O pintor e a vida moderna' (Serbal, 2024)— que desvela e actualiza o pensamento sobre a arte dun Castelao que, tamén por problemas visuais, decide deixar a pintura, e encarreirarse como debuxante nunha arte de intervención que compatibilizou simultaneamente cunha acción política incesante. Unha viaxe na que tamén muta en autor literario e reconduce as súas orientacións ideolóxicas e relixiosas.
Anxo Rabuñal Rey. (Foto: Xan Carballa)
photo_camera Anxo Rabuñal Rey. (Foto: Xan Carballa)
—Vostede apunta moitos estímulos á hora de abordar este ensaio e un non menor é o descoñecemento de que o Diario 1921 é un texto básico para entender a evolución do pensamento de Castelao?…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios