232 mort@s ao se incendiar unha discoteca no Brasil

Segundo a imprensa brasileira, no momento de se iniciaren as lapas por volta de 400 moz@s celebraban unha festa universitaria
photo_camera [Foto: O Globo]

O incendio nunha discoteca de Rio Grande do Sul, no Brasil, deixou 232 mort@s e por volta de 120 tiveron que ser hospitalizad@s.

Segundo informa a imprensa brasileira, no momento en que prenderon as lapas no local había entre 300 e 400 moz@s que facían parte dunha festa universitaria.

A discoteca tiña capacidade para dúas mil persoas e, de acordo coas declaracións dos bombeiros que se personaron no lugar, a porta principal estaba ficou trancada durante un bocado de tempo desde que o fogo xa se iniciara. O empresario propietario do local pensou que a premura con que @s moz@s querían saír era porque pretendían evitar que lles cobrasen.

"Boa parte dos mortos estaban amoreados á porta. A maioría morreu por asfixia", sinalou o responsábel do corpo de bombeir@s en declaracións que recolle o xornal O Globo, quen acrecentou que a discoteca "era unha ratoeira" ao non dispor de saídas de emerxencia e pola abundancia de material sintético. Tal e como recolle o mesmo diario, bombeiros e cidadá(n) apuraron un buraco na parede para facilitar as tarefas de rescate. As primeiras investigacións apuntan a que un espectáculo pirotécnico tería sido a causa do suceso.

Comentarios