O obxecto da investigación son as campañas de publicacidade institucional promovidas pola Generalitat por volta do referendo de autodeterminación do 1-O. De acordo coas pesquisas preliminares da Garda Civil, o Govern tería destinado a propaganda a cantidade de 502.639 euros.
A operación desta quinta feira non foi lanzada pola Audiencia Nacional, senón polo Xulgado de Instrución número 3. Molons é detido baixo a acusación de malversación de fondos.
A sede de Ómnium Cultural tamén foi rexistada. Alí foron retidos 7 traballadores e directivos desta organización. En declaracións a Catalunya Rádio, o seu vicepresidente, Manuel Mauri, afirmou que OC non pode ser obxecto dunha denuncia por malversación de fondos públicos ao non ser unha entidade pública. "Que entren na sede de Ómnium Cultural no século XXI é un intento de humillación", dixo, para a seguir acotar: "Non sabemos que se van levar e non temos suficiente información para podermos dicer cal é o alcande desta operación".
O que si se sabe é que os efectivos da Garda Civil interviron os correios electrónicos do persoal de OC e mudáronlles os contrasinais, segundo informou a entidade soberanista.