O goberno español quer usar o 155 para facer do castelán lingua vehicular no ensino catalán

escola infantil

“O noso interese é españolizar os alumnos cataláns”. A frase, toda una declaración de intencións, dixéraa en 2012 nun debate no Congreso o daquela ministro de Educación, José Ignacio Wert. Wert xa non está [agora é embaixador de España perante a OCDE] mais a querencia por “españolizar” o ensino catalán mantense, no goberno e non só nel. Como demostran por exemplo portadas e editoriais de importante periódicos españois (“Castelán en Catalunya, agora e sempre” é o título do editorial do ABC, "A lei educativa ben val o 155", o de El Mundo).

                         

Agora, e aproveitando que o artigo 155 rexe en Catalunya, Rajoy quer finiquitar a inmersión lingüística en catalán. Contra o parecer e opinión da maioría parlamentar catalá, da comunidade educativa e da sociedade catalá. O goberno español estuda impoñer vía 155 un cadro na preinscrición para que o castelán poida ser elixido como lingua vehicular do ensino.

O propio presidente confirmou este anuncio após se reunir con representantes de Sociedade Civil Catalá, a entidade que apoia o artigo 155 e foi ariete contra o soberanismo catalá. O president electo do Parlament, Roger Torrent, aínda está á espera de ser recibido polo presidente español.

O executivo analiza se pode activar ese cadro no marco das novas medidas que implantará e4stes meses de febreiro e marzo en aplicación do155.  Suporía modificar as normas de preinscrición escolar. Paralelamente, o Ministerio de Educación indica que ampliará a investigación dos libros de texto de Catalunya.

Comentarios