Ramón Cotarelo: "10.000 policías en Catalunya e na Galiza non hai meios nin persoal"

Pasa por ser o intelectual español pro-independentista. Ramón Cotarelo debruzouse sobre twitter para denunciar a política do Estado español: represión en Catalunya, abandono da Galiza.

cotarelo
photo_camera Ramón Cotarelo [Foto: Wikipedia]

Non cesan as reaccións nas redes sociais en relación á dramática vaga de lumes que devasta Galiza. Espigamos agora o intelectual español que máis activismo ten mostrado nos últimos anos a prol dos direitos das nacións sen Estado en xeral e do dereito de autodeterminación de Catalunya en particular.

Cotarelo denuncia a política estatal sobre Catalunya -coercitiva, represiva- e sobre Galiza -neglixente, abandonista.

 

Comentarios