Trump cualifica a Estados Unidos de "fascista" após ser condenado pola Corte de Nova York

O aspirante republicano valora a sentenza por pagos ilegais e saca peito da súa vantaxe nas enquisas fronte a Biden.

O ex presidente Donald Trump. (Foto: Laura Brett / Europa Press / Contacto)
photo_camera O ex presidente Donald Trump. (Foto: Laura Brett / Europa Press / Contacto)

O candidato á presidencia de Estados Unidos, Donald Trump, compareceu esta sexta feira para valorar a sentenza da Corte Suprema do Estado de Nova York que o condena por pagos ilegais a un actriz porno. O aspirante republicano á Casa Branca explicou a sentenza como unha mostra de persecución política e chamou a apoiar a súa candidatura nas eleccións do vindeiro 5 de novembro, onde as enquisas o sitúan como favorito.

Donald Trump asegurou en relación coa sentenza que “todo sae da Casa Branca. O corrupto Joe Biden, o peor presidente da historia do noso país. É o peor presidente da historia do noso país, o máis incompetente, é o presidente máis parvo que tivemos. É o presidente máis parvo, o máis incompetente, e é o presidente máis deshonesto que tivemos”.

Trump insistiu “para que o entendan, todo isto está feito por Biden e a súa xente, quizais pola súa xente máis importante, non sei, se Biden sabe moito disto, porque non sei se sabe de algo, pero con todo é o presidente, así que temos que usar o seu nome, e isto está feito por Washington, e ninguén viu nunca nada igual”. Nesta liña, non dubidou en cualificar a Estados Unidos de “fascista” e anunciou a súa decisión de recorrer a sentenza.

O aspirante republicano aproveitou a comparecencia pública para continuar a súa campaña de cara os comicios de novembro. A este respecto, afirmou que “temos un Goberno corrupto. Temos un país corrupto. As nosas eleccións son corruptas, as nosas fronteiras están abertas, as nosas fronteiras van fechar moi pronto. O 5 de novembro vai ser o día máis importante na historia do noso país”.

Neste punto, recalcou que “imos facer que América volva ser grande. Imos facelo mellor que nunca antes de novembro. Lembren, o 5 de novembro é o día máis importante na historia do noso país”.

Sondaxes

A sentenza da Corte Suprema do Estado de Nova York semella non ter impacto nas aspiracións presidencias de Donald Trump. Neste sentido, as últimas enquisas coñecidas nos días previas ao xuízo continúan situándoo por diante do seu rival Joe Biden. De feito, tras coñecerse a sentenza Trump sumou nunhas poucas horas achegas para a súa campaña electoral por unha contía total de34,8 millóns de dólares, o que rompe todos os récords de doazóns.

Comentarios