[Vídeo] O Exército israelí amarra un palestino ferido a un vehículo militar como escudo humano

A Media Lúa Vermella Palestina denunciou que as tropas israelís impediron aos seus equipos prestar primeiros auxilios a Mujahid Raed Abbadi, de 24 anos.

israel escudo himano

O Exército israelí recoñeceu que as súas forzas violaron o protocolo após amarrar un mozo palestino ferido ao capot dun vehículo militar durante unha redada en Xenin, unha cidade na zona norte de Cisxordania.

As imaxes do incidente, que aconteceu o sábado, fixéronse virais e mostran Mujahid Raed Abbadi atado ao capot dun todoterreo militar israelí, que avanza por un camiño estreito. A Media Lúa Vermella Palestina denunciou que o Exército israelí impediu os seus equipos prestar primeiros auxilios ao mozo palestino.

"A conduta vista no vídeo non é consistente coas ordes das FDI (Forzas de Defensa de Israel) e o que se espera dos seus soldados", di o comunicado castrense, que agrega que "o incidente está a ser investigado e tratado en consecuencia". Segundo a familia de Abbadi, cando pediron unha ambulancia para socorrelo, o Exército israelí agarrou o mozo palestino, atouno ao capot.

É habitual que as tropas israelís non permitan ás ambulancias socorrer a palestinos feridos durante incursións militares. Segundo fontes médicas Mujahid Raed Abbadi, de 24 anos, é oriúndo do campo de refuxiados de Xenín pero que estaba na casa duns coñecidos en Jabriyat, entre Burqin e Yenín, no norte de Cisxordania ocupada.

O Exército israelí dixo que o home resultou ferido durante "unha operación antiterrorista" lanzada na zona en busca de sospeitosos. Fontes gazatís denunciaron, con todo, que o ferido sería utilizado como escudo humano por parte do Exército israelí coa fin de evitar calquera posible ataque a tiros da milicia, segundo o diario británico The Independent.

"Cando os soldados chegarona onde eu estaba, pisáronme na cabeza, golpeáronme a cara, as pernas e as mans, que estaban feridas. Rían", afirmou. Os militares tirárono " sobre o capot dun jeep" que estaba a arder, segundo el. Médicos do hospital Ibn Sina de Yenín confirmaron que Abbadi estaba ingresado no centro.

O incidente de Abbadi ocorreu o mesmo día en que un neno palestino de 12 anos morreu despois de recibir un disparo dos soldados israelís en Cisxordania, informou o diario Haaretz

Comentarios