O goberno da Coruña recibe os parabéns da Mesa por galeguizar os buses urbanos

A locución e a sinaléctica respeitan xa a forma oficial. 

Busurbano.blogspot
photo_camera Topónimos deturpados no servizo de bus urbano [Imaxe Busurbano.blogspot]

A Mesa pola Normalización Lingüística parabenizou o Concello da Coruña após galeguizar a locución dos autobuses urbanos e respeitar a toponimia oficial na sinaléctica, algo que non acontecía até o de agora e que foi unha histórica demanda da asociación. 

Neste senso, através dun comunicado, sinalan que "con esta iniciativa, o Concello da Coruña dá cumprimento a un dos compromisos que adoptara coa Mesa cando, no mes de xullo do pasado ano, lle trasladamos as principais demandas que viamos eran perentorias de cara á presenza normalizada da nosa lingua en todos os ámbitos da cidade da Coruña". 

Así pois, animan o goberno local a pemanecer "na liña de visibilizar o galego e continúe dando resposta ás actuacións connosco tratadas". 

Comentarios