A nai dunha alumna contactou a través da Liña do Galego coa Mesa para consultar se podían quitarlle puntuación nun exame de Ciencias Sociais á súa filla polo uso da forma Galiza. Os pais da rapaza presentaron unha reclamación na que explicaban e xustificaban que non se lle podía contabilizar como falta de ortografía o termo Galiza.
A Mesa lembra que segundo as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas polo plenario da Real Academia Galega en 2003: "Galiza tamén é unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada da época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo”. Alén disto, indica A Mesa, “o termo Galiza é lexítimo e correcto polo que non se pode cualificar de falta de ortografía”.
A dirección do centro nun escrito do 6 de xuño reafirmouse na súa postura no que conta co aval da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, reclamoulle á Xunta de Galiza que cumpra “coa súa obriga de garantir os dereitos lingüísticos
.