A cultura galega volve do exilio: Rafael Dieste

Nunha carta de Seoane a Paz Andrade, datada en Bos Aires o 10 de agosto de 1961, comunicáballe, con suma cautela, o posible regreso de Rafael Dieste e Carmen Muñoz do exilio:

“[...] Carmen e Rafael Dieste van camiño de esa para quedarse en Galicia durante algún tempo, no barco “Aragón” da Mala Real Inglesa, que chegará a Vigo o 21 deste mes. Non sabedes canto nos doe esta ausencia de Dieste a os tres ou catro que aquí ficamos. Para nós foi sempre, con Castelao, a máis outa figura galega en América, unha das máis dignas e recatadas, e cuio xuicio estimamos como dos máis fondos. Para todos nós é unha door ista ausencia de Dieste, no noso caso particular de Maruja e meu, separámonos, pol-o seu regreso, duns amigos entrañábeles cando máis falla fan os amigos, cando nos sentimos máis soios.”

Carné acreditativo de Rafael Dieste como director da revista Nova Galiza en substitución de Castelao.
photo_camera Carné acreditativo de Rafael Dieste como director da revista Nova Galiza en substitución de Castelao.
Escribe Seoane tamén por estas datas e en termos parecidos a Fernández del Riego anunciándolle a chegada dubitativa dos Dieste a Vigo e rogándolle unha recepción afectuosa, sen dúbida temeroso do…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios