Os 104 ‘enchufes’ de Baltar custaron ao erario público 700.000 euros

A cifra foi feita pública esta sexta feira, no quinto e último día de xuízo a José Luis Baltar, ex-presidente da Deputación e PP provincial, por un avogado da acusación, segundo informa Europa Press.

Baltar nos xulgados
photo_camera Baltar nos xulgados

Os 104 contratos que se realizaron entre xaneiro e marzo de 2010 a través de oito decretos asinados por o daquela presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, custaron 700.000 euros á institución provincial. Europa Press informa deste dato, que foi feito público no inicio do quinto e último día de xuízo contra o ex-presidente provincial, para o que as acusacións piden dez anos de inhabilitación por delito de prevaricación continuada.

Na quenda para explicar as conclusións definitivas, indica EP; o avogado do PSOE deu a coñecer o informe da intervención da institución no que se recolle esta cifra, no que apoia a súa petición sobre responsabilidade civil que reclama a Baltar.

Por parte do fiscal, Florentino Delgado, comezou a intervención final explicando que no banco non está sentado o expresidente Baltar, "senón un xeito de facer as cousas, unha idea do que é a administración pública e o servizo aos cidadáns". Segundo o fiscal o "personalismo" caracterízase por "renuncia do ordenamento" e nel, "un pensa que é máis que o ordenamento e que o ordenamento está ao servizo do seu fin, que é, neste caso, ser o presidente", recolle Europa Press.

Comentarios