AGE acusa a Xunta de incumprir o acordo parlamentar sobre control de grandes patrimonios

Segundo o deputado Antón Sánchez, “o Plan Xeral neste sentido de 2014 é o mesmo que o de 2013 e non recolle os criterios que se aprobaron no Pleno” da Cámara galega.

Antón Sánchez [Imaxe: AGE]
photo_camera Antón Sánchez [Imaxe: AGE]

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) rexistrou unha iniciativa exisindo o cumprimento do acordo ao que se chegou por unanimidade no Parlamento galego no que se instaba “á Xunta ao cumprimento do Plan Xeral de Control Tributario, debendo incluir nel un plan específico e preferente de inspección dos grandes patrimonios”, logo de que -segundo a formación- o DOG de mércores 28 de maio, “aprobara os criterios xerais do Plan xeral de control tributario 2014, que básicamente son os mesmos que o Plan do 2013”. Ademais, segundo o deputado de AGE Antón Sánchez, “en dito Plan non se inclúe ningún criterio específico e preferente de inspección dos grandes patrimonios e grupos económicos,incumpríndose, en consecuencia, o acordo do Pleno do Parlamento citado”.

Así, Antón Sánchez rexistrou unha iniciativa para que se cumpla o acordo plenario. “Debería ser prioritaria a persecución da evasión fiscal alí onde máis se produce, nas grandes fortunas e nos grandes patrimonios” lembrou o deputado de AGE quen destacou que non se coñecen os motivos da non inclusión da investigación das grandes fortunas neste plan.

Comentarios