Anova convoca a súa II Asemblea Nacional para despois do verán

A Coordinadora Nacional decidiu este sábado en Compostela convocar unha asemblea nacional e recoñece que ''a situación interna da organización require da convocatoria do máximo órgano para debater e clarificar asuntos clave, de índole tanto política como organizativa”.

lidia_cn_anova02
photo_camera Coordenadora Nacional

Haberá asemblea nacional, mais non srá extra-ordindaria e no inicio do vrán, com o pedía o sector crítico. Anova realizará a súa II Asemblea Nacional despois do verán e será ordinaria. Esta é a decisión adoptada neste sábado pola Coordinadora Nacional da Irmandade Nacionalista, que anuncia a apertura dun período de consultas á militancia para que esta, ben a nivel individual ben a través de asembleas territoriais, se pronuncien sobre prazos, cuestións a debater e mesmo metodoloxía dese encontro de máximo nivel.

A Coordinadora explica que se convoque unha asemblea ordinaria “posto que a cantidade de asuntos a discutir sobardan o propio ámbito dunha asemblea extraordinaria”. No comunicado, ademais, recoñece a Coordenadora Nacional que esta asemblea facíase necesaria: “A situación interna da organización require da convocatoria do máximo órgano da mesma para debater e clarificar asuntos clave, de índole tanto política como organizativa”.

Outono e sosego

A cita, pois, será no outono de 2014. A Coordenadora afirma que así garántese a “participación sosegada da militancia” nun proceso desta importancia e, o mesmo tempo, “o conxunto da organización poderá centrarse no vindeiro proceso electoral das europeas”.

Lidia Senra

Por outra parte, os 2 representantes de Anova na candidatura de IU ás europeas do 25 de maio estiveron este sábado na xuntanza da CN. Tanto Lidia Senra como Carlos Lorenzo, sinalan desde a organización, fixeron fincapé no compromiso para representar os intereses populares de Galiza fronte unha UE o servizo dos mercados e da Troika.

Comentarios