VOTOU O 58,51%

A participación aumenta na Galiza en máis dun punto e no Estado, medio

[ACTUALIZADA ÁS 18.40] O segundo avance ofrecido polo Ministerio do Interior indica que a participación aumentou na Galiza 1,23 puntos porcentuais respecto das eleccións de 2011. No conxunto do Estado sobe lixeiramente, medio punto.

 

participacion 1
photo_camera Colas para votar na Coruña

Segundo os dados do Ministerio do Interior, a participación nos colexios electorais galegos até as 18h era do 58,51% do censo electoral. Á mesma hora, nas eleccións de 2011 rexistrábase o 57,28% da participación. Os datos de participación recollidos até as 14h eran do 33,43% do censo electoral, o que representa medio punto porcentual máis que na xornada electoral de 2011, cando se rexistrara o 32,87% de participación.

Na circunscrición electoral da Coruña, a participación até as 18% foi do 57,69%, cando en 2011 fora do 55,87%. En Pontevedra, foi do 61,03%, cando no 2011 foi do 58,48%. En Lugo e en Ourense, a participación caeu respecto das anteriores municipais. En Lugo, a participación baixou do 57% de 2011 ao 55,48% de 2015 e en Ourense, do 59,05% de 2011 ao 57,32% de 2015.

No conxunto do Estado a participación aumentou en 0,64 puntos respecto dos comicios de 2011. Así, os dados das 18h indican que votou o 58,29% do censo, cando en 2011 votara, á mesma hora, o 57,65%. Recóllese unha tendencia á alza da participación estatal após as cifras ofrecidas polo Ministerio do Interior ás 14h, cando o resultado de participación era de 36,94%, segundo dados ofrecidos na rolda de prensa pola secretaria de Estado, e do 37,02% segundo os dados que ofrece o Ministerio do Interior na súa páxina web, no que representou unha clara contradición nas cifras oficiais.

Nos territorios onde máis aumentou a participación a nivel estatal, até as 18h, foron Catalunya, Navarra, Euskadi, Aragón e Madrid.

Comentarios