BNG exixe na Cámara o "cesamento" do Valedor do Pobo

A organización frontista presentou diversas propostas parlamentares para debater e votar o cesamento de Julio Fernández por mor das súas declaracións arredor das fotografías de Feijóo e Dorado

As declaracións do Valedor do Pobo foron consideradas pol@s nacionalistas un exceso "das súas competencias". Julio Fernández considerou que as imaxes de Núñez Feijóo e Marcial Dorado non posuían "interese xornalístico" e saiu ao paso do escándalo defendendo a imaxe do presidente da Xunta. Desde o BNG aseguran que as palabras do "alto comisionado do Parlamento" non velaban polos intereses da cidadanía nin dos dereitos fundamentais do pobo senón que "toma claramente partido nun debate político que se está a producir no país", denunciou a deputada Tereixa Paz. 

Así, a deputada nacionalista urxiu esta cuarta feira á Cámara galega a se pronunciar a respecto das polémicas declaracións do Valedor. Neste senso, exixirán á institución unha xuntanza urxente da Comisión de Peticións á fin de "debater e votar" a proposta de "cesamento" de Julio Fernández e denuncian que as súas polémicas declaracións constitúen un "xuízo concluínte" a respeito dun "asunto concreto". 

Comentarios