O BNG de Ourense apunta a necesidade dun adianto electoral

@s nacionalistas non participaron no Pleno extraordinario. Consideran que a cidade está a pagar as consecuencias da mala xestión do PSOE e a xudicialización ''da vida política'' iniciada polo PP.

BNG-Ourense

Na mañá desta terza feira había Pleno extraordinario no Concello de Ourense, convocado a petición do PP para reiterar máis unha vez a petición de dimisión do alcalde, o socialista Agustín Fernández. Os populares acusan o rexedor de usar fondos do Plan E para urbanizar a súa casa. O BNG non participou no Pleno mais si que se presentou na Casa do Concello. Para rexistrar 2 novas mocións para o pleno ordinario de maio: sobe o IVE do sector das perruquerías, a gratuidade dos libros de texto e as facturas eléctricas do Concello.

@s nacionalistas argumentaron a súa ausencia da sesión extraordinaria: O BNG xa reprobara e pedira a dimisión, o Concello xa está a revisar o expediente a urbanización da casa do alcalde (de aí e do proceso xudicial saberase a verdade).

Tamén consideran que os plenos extraordinarios deben “ser ferramentas para tratar temas de calado” que afcten ao conxunto da sociedade. “O BNG non respalda que se utilicen como cohartada para continuar, no caso desta convocatoria a instancias do PP, con temas xa tratados polas forzas políticas noutras ocasións e para continuar coa ‘bronca’ política na que esta instalado o Concello de Ourense.

A suma da “xudicialización da vida política iniciada polo Partido Popular e Democracia Ourensá e a mala xestión do PSOE” teñen sumido ao Concello de Ourense “nunha situación límite na que a paralización de proxectos, a incapacidade de planificación política e orzamentaria e os escándalos xudiciais instalaron a preocupación na cidadanía”

Para o BNG, este escenario “deixan apenas só unha saída para a escolla dun novo goberno e dun proxecto de futuro para a cidade: o adianto eleitoral”

Comentarios