O BNG de Ourense monta unha terraza ilegal na rúa para que o Concello aprobe un novo ordenamento municipal

A formación frontista leva por volta de sete meses a reclamar que o goberno municipal (PSdG-PSOE) exerza un maior control sobre os veladores e reclame a todos os estabelecementos hostaleiros o pagamento das taxas.

terraza
photo_camera CC SA-NC-BY Sermos Galiza

Após sete meses a reclamaren que o Concello de Ourense someta a votación en pleno un novo regulamento para as terrazas que os estabelecementos hostaleiros colocan na vía pública, concelleir@s, militantes e simpatizantes do BNG da cidade das Burgas montaron a súa propia terraza, de maneira ilegal, para deixaren constancia de que non se a cumprir nen sequera a ordenanza vixente, que estabelece uns espazos mínimos sen veladores que non se respectan. Para alén disto, tampouco se está a levar un control por parte do goberno municipal das taxas que adebedan @s hostaleir@s que controlan estas terrazas, así como a legalidade das que xa están instaladas. 

Así as cousas, nas rúas de Ourense xa se poden atopar terrazas cubertas e con televisión, malia que o texto que regula a colocación de veladores non está adaptado á ordenanza de ruídos. Quen visita a cidade vese na obriga de se baixar da beirarrúa para esquivar mesas e cadeiras, e o espazo verde que queda ao redor das árbores está a ser asfaltado.

Por todo isto, o BNG de Ourense despregou as súas mesas, as súas cadeiras, as súas consumicións e mesmo a manteleiría en plena rúa do Paseo e invadindo o espazo público, á maneira das terrazas da meirande parte dos estabelecementos hostaleiros. Desde as mesas, @s participantes nesta acción reivindicativa repartiron entre @s viandantes entitulado co lema O espazo público, as rúas, as beirarrúas e as prazas da cidade son de tod@s.

Comentarios