O BNG propón legalizar a marihuana e reformar a política "prohibicionista"

A formación nacionalista inclúe no seu programa medidas "como as de Uruguai ou Colorado" para que a marihuana se distribúa de forma controlada, "coa fiscalidade correspondente, como ocorre co alcohol e o tabaco".

Mitin de peche do BNG en Vigo
photo_camera Mitin do BNG en Vigo

O BNG propuxo "revisar a nivel europeo a política prohibicionista" sobre drogas e "evaluar os resultados alcanzados até o de agora na materia", á vez que apostou por unha "nova política na que se valoren alternativas como a distribución controlada de marihuana".

Segundo explicou a formación nacionalista, a súa proposta de "legalizar" a distribución de marihuana -incluída no seu programa electoral para os comicios europeos do 25 de maio- xa está en práctica por outros países, "tanto con fins terapéuticos como recreativos", como o caso de Uruguai, Holanda ou os estados de Washington e Colorado, nos EUA.

O Bloque considera que a marihuana "debería recibir un tratamento similar ao do alcohol e o tabaco", ambos legalizados, comercializados e distribuídos de forma controlada, coa fiscalidade correspondente.

No seu programa, o Bloque tamén propón integrar a política de drogas na política xeral de consumo e sanidade, mellorar a situación d@s adict@s e das súas familias, e incrementar os programas dirixidos a facilitar a drogodependentes o abandono da súa adición.

Comentarios