Causa Galiza propón unha manifestación unitaria para o Día da Patria convocada por GpS

A organización independentista pide sumar por riba de diferenzas ‘‘voces e esforzos’’ no 25 de xullo no camiño da soberanía.

GPS Vigo

Un 25 de xullo no que unha única manifestación soberanista percorra as rúas de Compostela, evitando así a diferenza de mobilizacións habitual nesta data. Unha gran manifestación que sexa convocada por Galiza pola Soberanía, por riba de siglas partidarias. Eis a proposta feita por Causa Galiza, que considera que “é o momento” de que o soberanismo amose unha “madurez colectiva” para facer fronte á situación que atravesa o país.

CG entende que a propia realidade apunta á necesidade de sumar sen exclusións “voces e esforzos” de todos aqueles colectivos, entidades, plataformas e persoas que acrediten “que a única vía para superar o presente é conquistar a soberanía e a independencia”. Un presente marcado, enumera Causa Galiza, polo empobrecemento da sociedade, o espolio territorial e a españolización.

Por riba de siglas e partidismos

“O momento do nosso povo demonstrar que, por cima de falsas saídas a esta crise múltipla, por cima de legítimas siglas e partidarismos e por cima de falsos mesias autótonos e estrangeiros temos a capacidade coletiva de assinalar a única porta de saída a esta situaçom, que é a conquista da soberania e a independência nacionais, e supeditar as nossas diferenças a essa reivindicaçom estratégica comum”.

Comentarios