Compromiso por Galicia: ''Entre o seu partido e Santiago, Feijóo escolle o PP''

A formación galeguista impulsa unha recollida de sinaturas para solicitar a disolución da corporación municipal e a formación dunha xestora.

bascuas

“Feijóo, se ten que escoller entre a cidade e o seu partido, escolle o seu partido”, afirmou o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, que considera “pouco serio e pouco responsable” a actitude do presidente de Galiza para co que acontece na capital do país, cun goberno local (PP) con 11 dos seus 13 edís imputad@s.

Bascuas, acompañou a afiliad@s de CxG-Compostela na súa recollida de sinaturas para solicitar a disolución da corporación municipal e a formación dunha xestora. O secretario local, Modesto Toribio, sinala que a actual situación provoca unha absoluta parálise na administración municipal: “Mentres están preocupados pola súa defensa, non hai quen goberne Santiago”.

CxG apela á necesidade dun “bo goberno”, xa que a actual situación “provoca alarma social, o descrédito da institución e xera desconfianza da cidadanía cara ás institucións democráticas”.

Comentarios