CxG presenta a súa candidatura ás europeas como ''dignos representantes dunha Galiza dinámica''

Paulo Carlos representa a lista de Compromiso que vai na lista con CiU e PNV á cita do 25 de maio. 

fotopresentacion2

Compromiso por Galicia presentou esta cuarta feira en Compostela os 7 integrantes da súa candidatura nas eleccións europeas. CxG preséntase nunha listaxe con formacións como o PNV, CDC ou Unió, mais faino con campaña e candidatura propia.

O candidato de CxG, Paulo Carlos López puxo de relevo que as persoas que conformarán a listaxe, “posúen unha enorme capacidade de traballo e serán dignos e dignas representantes dunha Galicia viva e dinámica que queremos proxectar e defender”.

Xoán Bascuas, secretario xeral de CxG, insistiu en que neste precampaña e campaña, Compromiso traslará a necesidade de dar respostas aos problemas de cidadaní. "O que se decide en Bruxelas ou Estrasburgo toca cada vez máis de preto ás condicións de vida dos galegos e das galegas”, afirmou, ademais de anunciar que CxG fará "un traballo proactivo e propositivo, tentando transmitir ilusión á xente", de igual xeito que “devolverlle á política a vocación de servizo público que a ten irremediablemente que caracterizar”. 

Comentarios