Catalunya irá a por novos "marcos legais" para facer a consulta

O president da Generalitat valorou a sesión plenaria decorrida esta terza feira en Madrid e asegurou que se "perdeu unha nova oportunidade" que, asemade, "non volverán dar". 

artur-mas
photo_camera Artur Mas, president da Generalitat de Catalunya

Na súa intervención pública para valorar a sesión plenaria que tivo lugar no Congreso d@s deputad@s en relación á Lei de consultas catalá, Artur Mas asegurou que explorarán "novos marcos legais". O rexeitamento maioritario da Cámara, foi tiltado polo president como unha "obsesión por dicir a todo que non" e lamentou que non tivesen aceptado, cando menos, levar a trámite a proposta lexislativa emanada do Parlament de Catalunya. 

"A partir de aquí", sinalou, "as institucións catalás procurarán o camiño noutros marcos legais para facer a consulta".

O bipartidismo amosou as súas cartas. Oponse a apoiar o dereito a decidir do pobo catalán e para iso valeuse do marco xurídico-administrativo construído en 1978. 

299 votos en contra, 47 a favor e 1 abstención. O Congreso español rexeitou esta terza feira a proposición de lei do Parlament de Catalunya de transferencia da competencia para convocar e realizar referendos. Sermos Galiza fixo un seguimento da sesión, que decorreu por espazo de 7 horas, minuto a minuto. Artur Mas, nunha valoración de urxencia, avanzou: "Aquí non acaba todo. Construiremos marcos legais para facer a consulta".

21.44 Alfredo Pérez Rubalcaba (PSOE)

"Hai xente que vive a súa identidade, a min isto impórtame pouco mais respéctoo".

"Vou tentar convencer o presidente do Goberno para que debatamos".

"Sexamos serios. De que estado están falando? Do de Jalisco?"

"Temos un problema de convivencia e o que fixen foi traer unha solución distinta á que se propón hoxe aquí". "Non estou de acordo co dereito de autodeterminación e a independencia".

21.37 Joan Herrera (representante do Parlament)

"A inmensa sorte é que a sociedade española de hoxe é mito máis plural que o seu non".

"O que lle acontece a España é que lle falta cultura federal e cultura democrática"

"Trátase de que a consulta se faga por democracia, a maioría da sociedade quérea".

"Hoxe en Quebec gañaron os federalistas, saben por que? porque se permitiu votar." "Vostedes son os principais artífices do 'se rompe España'".

"O debate de hoxe era outra cousa, son bos estrategas electorais e pésimos gobernantes".

21.31. Marta Rovira (representante do Parlament)

"Votaremos e faremos gañar a liberdade e a democracia". "Traballaremos pola reconciliación de dous pobos irmáns". "Este non é un proceso en contra do pobo español, ao que amamos e respectamos".

"Viñemos tender as mans mais se continúan a darnos as costas o pobo catalán volverá darse a man para votar o 9 de novembro porque votar é democracia".

"Temos un mandato democrático que cumprir e é legal, acepten o xogo democrático".

"Non lembran que Catalunya é anterior á Constitución española? Mil anos de historia".

21.26 Jordi Turull (representante do Parlament)

"Non nos digan que é imposíbel porque como dixo Mandela, todo parece imposíbel até que se fai".

"Sr. Rajoy pódeme definir o seu concepto de 'amar Catalunya'", "se tanto a ama por que non promove o que realmente nos importa aos cataláns?".

"Nós antes que catalanistas somos demócratas". "Tan inxusto é non deixar votar aos cataláns como imporlles algo".

"Este proceso non ten un só nome e apelido [di en relación ás referencias constantes á ausencia de Artur Mas], senón moitos, de todos os cidadáns cataláns".

21:00 Alonso (portavoz do PP)

"O noso non é un si á democracia. Un si para substituír a incomprensión polo entendemento e a confrontación polo diálogo". 

"Non existe o dereito á ruptura unilateral dos marcos de convivencia".

"É máis libre a xente nunha sociedade homoxénea que na pluralidade?. Homoxeneidade política é monopolio do poder".

"A idea dunha España sen Cataluña é unha amputación. Non hai separacións indoloras. Dividir é debilitar"

"Señorías, hai outro camiño, mais require seriedade e responsabilidade. O presidente do goberno español mostrou disposición a falar. Saian vostedes das posicións maximalistas e abran as portas a un futuro partillado"

"Somos plurais, diversos, distintos...pero españois"

"Non se engane, señor Durán i Lleida, este é un proceso que non se oculta: crear un novo estado en Europa"

"Vostedes dan por feita a ruptura de España, e só queren sancionala, por riba do dereito"

"Temos unha Constitución a proba de políticos"

"Piden que lles demos a chave que abre a porta da secesión de Catalunya. Pero esa chave é do pobo español. O único referendo sería en todo o pobo español. A soberanía nacional non reside en ERC nin en CiU, reside no pobo español"

"Esta proposta nace dun informe no que se fala de 5 vías legais para un referendo sobre a independencia. Son vías contraditorias entre si. Acuden aquí a pedir o que saben que é imposíbel darlles"

"Que traian esta cuestión aquí, o Congreso, supón recoñecer que temos a competencia para decidir"

"Por que non está aquí o president Artur Mas? É o promotor desta iniciativa, e non se lle coñecen moitas máis iniciativas. Dinnos que non vén por humildade política. Non é críbel"

20:55 Uxue Barkos (Geroa Bai)

"O Parlament o que nos propón é escoitar, a través dun referendo, a voz de Catalunya. Eu si quero escoitar esa voz"

"Un exercicio de bipartidismo que non é quen de dar solución a anceios soberanos"

"Se houber que resumir nunha frase este debate sería: Sen novidade na fronte. Resume o tono castrense dunha sesión que tería quer ter sido de política"

20:51 Salvador Armendáriz (UPN)

"Hai catalanistas que recoñecen na intimidade que crearon un monstro"

"O pobo vasco é o único pobo oprimido do mundo que veranea no pobo opresor. É un exemplo que resume o que pasa con algúns discursos. A cegueira dos partidos nacionais e os separatismos insaciábeis leváronnos ata aquí".

20:48 Álvarez Sostres (Foro Asturias)

"Catalunya conformouse xunto co resto dos pobos da Hispania. Unidos en España, nunha Europa máis democrática"

20:44 Joan Baldomí (Compromís)

"Señor Rajoy ínstolle a que nos deixe decidir sobre a Lei do Aborto ou dación en pago. Non o farán, teñen medo da democracia"

"O que pide o Parlament é que deixen poder decidir aos cidadáns sobre o seu futuro. PP e PSOE é o que nunca deixan, decidir" 

20:41 Ana Oramas (Coalición Canaria)

"Recoñezan a carácter plurinacional de España. Canarias tamén espera iso"

"Os 2 grandes partidos non souberon tratar a cuestión catalá durante todos estes anos. Cremos que hai unha gran responsabilidade dos partidos do Estado na ruptura do consenso constitucional".

20:38 Olaia Fernández Davila (BNG)

"No discurso contrario á proposta catalá din que os acordos acadados deben de adaptarse o que queren PP e PSOE. Señorías dos grupos maioritarios: non obstaculicen o dereito a decidir, a que se vote"

"Son propostas democráticas, que teñen o apoio democrático da maioría do parlament e reflexan unha demanda cidadá. Non se escuden en que o argumento non está amparado pola lei. As leis non son inmutábeis, deben de adaptarse aos tempos. E os tempos actuais non son os de hai 40 anos"

"Negar a realidade por moito que se insista non fai que desapareza. Un exemplo é a realidade nacional de Catalunya, Euskadi e Galiza"

20:31 Xabier Errekondo (Amaiur)

"En Euskal Herria témolo claro: o futuro está nas nosas mans, sexa cal sexa o goberno español. Visca La Terra!"

"Saben que é inevitábel que os pobos, vasco, catalán, galego, tomen a palabra"

"Están nervisosos. Na confrontación política están abocados á derrota".

"Algo que vai ser legal en Reino Unido, en España é anti-democrático. O estado español só sabe dicir non"

"En 2005 o Lehendakari recibiu aquí, neste coso taurino, un trato vexatorio cando veu defender o novo estatuto. Fixo ben Artur Mas en non vir"

"Vostede señor Rajoy ten que respectar a palabra e decisión de vascos, cataláns e galegos"

Inicia a intervención en catalá para parabenizar ao pobo catalán

20:11 Alfred Bosch (ERC)

"Cataláns e catalás, que a forza nos acompañe"

"Español, non axudes a trenzar unha soga que acabará sendo para ti. Se hoxe se nos impide aquí votar os cataláns, mañá impedirásevos a vós decidir sobre, por exemplo, se queredes entre monarquía e república "

"A oferta que tratamos aquí é do Parlament de Catalunya. Traémola porque respectamos os españois. Non residiremos na hipocresía nin no odio. Ofrecemos, logo, esta iniciativa coa man tendida. Dixirímonos aos españois en xeral: Non é imposíbel isto de convocar á xente para decidir o seu futuro. Pedimos que nos axudedes a evitar o despropósito dun goberno arremetendo contra unha votación. Aplastar as urnas en Catalunya vai prexudicar a democracia en España".

"Daquí a unhas cantas décadas, os nosos bisnetos mirarán o día de hoxe e dirán: vaia ridículo! Todo un pobo a camiñar e os políticos españois a tratar a ese pobo como menores de idade"

"Quen debe mandar en democracia é a xente. Aquí non se pode decidir nin decretar que se para un proceso impulsado pola maioría da xente en Catalunya"

"Di Rajoy que nos quere moito. Que quere máis a Catalunya que nós propios. Señor Mariano, eu tamén che quero moito, mais non nos poñamos posesivos. O amor de veras baséase na igualdade e na liberdade".

"Os grandes partidos dinásticos españois organizan o tanto monta,monta tanto, don Alfredo como don Mariano"

"Ao fin da xornada presumirán que aaquí acabou todo. Como unha final de Champions. Ese é o festival que queren montar aquí. Quéixanse de que non veña Artur Mas. Vostedes non queren aquí ao president da Generalitat, queren un saco de boxeo"

"Malia todo, móvese. Sábeme mal o que acontece hoxe aquí. Os grandes partidos españois pretenden interromper a rotación da Terra. Non poden acordar o fin da historia. Non poden decretar que o vento deixe de soprar, que as marés non suban... como sucedeu coa Inquisición e Galileo Galilei"

19:40 Aitor Esteban (PNV-EAJ) 

"O Lehendakari Ibarretxe dixo aquí en 2005 que cría que existía un camiño e un punto de encontro: o dereito a decidir"

"Empezo a pensar, señor Rajoy, que vostede quere manter unha Constitución-trampa, un cárcere dos pobos"

"A vía catalá non é anti-democrática. O que non pode facer un estado social e de dereito é negar o dereito a decidir. As nacións vasca, catalá e galega existen"

"A Constitución en Euskadi só tivo o 30% dos votos do censo. Un fracaso estrepitoso. O argumento de que toda a cidadanía do Estado debet votar é unha aberración. Onde se viu iso? En Escocia? Non en Quebec? Non? En Timor? Non. Se queren, fágano e miren os resultados en Euskadi e Catalunya"

"PP, PSOE e UPyD confunden legalidade con democracia. Unha democracia non pode substentarse nun positivismo atroz do dereito"

"O primeiro resorte defensivo do nacionalismo español é sempre o de...'iso non se pode facer, que o prohíbe a Constitución'"

"O goberno español ten 2 patacas quentes nas súas mans: a pataca catalá e a euskal pataca"

"Houbo desprecio da clase política desde Madrid cara os pasos que se daban desde Catalunya. Non val coa boa vontade dunha parte. En Madrid non hai intención nin ganas de pactar. Hoxe por hoxe non hai vontade de entendemento"

Comeza a súa intervención en catalán para saudar o pobo de Catalunya

19:06 Rosa Díaz (UPyD)

"Estamos en contra desta proposta, de que se aparente o que non é, é un debate farsante. Estamos en contra de que se reitere sempre a palabra pobo, identidade, diálogo,democracia...o que vostedes traen é o máis alleo á Europa democrática. En democracia, o esencial non se discute"

"Cando alguén lle di corrupto a un nacionalista catalán chámanlle traidor, español e fascista"

"Vostedes poderán seguir a ser separatistas e republicanos e o que sexa, mais levantar fronteiras non. Quérennos roubar a España plural e democrática"

"O importante non é o debate de hoxe. É o que sucederá mañá e pasadomañá. Sería histórico que as autoridades cataláns respeten as decisións das administracións"

"Quen defende esta iniciativa xa dixo que fagamos o que fagamos van seguir adiante"

"Eu era unha mala española porque non era franquista e despois fun unha mala vasca porque non era nacionalista"

"En Catalunya hai opresión. Os cidadáns non nacionalistas viven oprimidos"

"Vostedes (á delegación do Parlament) falan moito de pobo e pouco dos cidadáns"

"Hai unha certa esquerda que abraza o da identidade, o que non deixa de me sorprender"

(Á delegación do Parlament de Catalunya): "Traen á Cámara un debate anti-europeo. Un discurso nacionalista, a prol das fronteiras, non hai discurso máis reaccionario. Traen a hispanofobia"

"Son deputada nacional. Represento tamén os cidadáns de Catalunya. Representamos a todos os cidadáns"

18.34. Joan Coscubiela (Izquierda Plural)

"Señor Rajoy, o que interesa é o diálogo. Cito a Azaña: 1932, cando se discutía o Estatut de Catalunya. A nós tocounos gonernar nunha época en que Catalunya non está en silencio"

"Igualdade e diversidade non son incompatíbeis. Igualdade e desigualdade, si"

"Propomos que se trate este debate no marco dun proceso constituínte. Que se recoñeza que a convivencia nun Estado federal é voluntaria. Non hai proposta federalcríbel se non se recoñece previamente o dereito a decidir, senexclusións, incluso a independencia"

"España rompe xa, está fracturada, como consecuencia das políticas sociais, do aumento das desigualdades"

"Contrapoñen á soberanía catalá a soberanía española, a mesma que puxeron os pés dos mercados"

"A vostedes non lles gusta que os cidadáns de Catalunya falen, como  non lle gustou durante anos que falase a cidadanía española"

"Para vostés, democracia é votar un día e calar catro anos"

"E un referendo de natureza consultiva e nos termos en que se acorde co goberno do Estado. Parécelle pouca chamada ao diálogo. A proposta que se plantexa non é o vaciamento da competencia do Estado en materia de referendo, sabe que non é así, porque o que se pide é a delegación da competencia nun asunto tasado, e co acordo do goberno do Estado".

"Hoxe, señor Rajoy, non estamos discutindo sobre a independencia. Hai moitos aos que lles gustaría que ese fose o único debate que se suscitase nesta cámara. Vostede inventouse un inimigo. Confunde o dereito a decidir, o método, co resultado, o que a vostede lle interesa, a independencia. Por que o resultado desa consulta non pode ser distinto, unha opción federal"

"O debate chega ao Congreso manoseado e manipulado por quen aspira a obter réditos políticos deste conflito"

18.12. Duran i Lleida (portavoz de CiU).

"Se non queren vostedes que esa consulta a convoque a Generalitat, convóquena vostedes"

"Estamos dispostos a negociar, e cando digo a negociar, digo a negociar todo. Se hai que tocar a Constitución hai que tocala moi mesuradamente. Pero o TC pon nas mans dos políticos facer o necesario para procurar a saída política a este problema que existe e que non o inventan os representantes políticos de Catalunya".

"Non estamos ante unha cuestión xurídica, estamos ante unha cuestión política".

"Non é que non podan [delegar a Catalunya a potestade para convocar referendos], é que non queren, que é moi respeitábel, pero é algo moi distinto"

"Rogo a esta Cámara que non feche as portas que deixou abertas o Tribunal Constitucional. Este non é un debate sobre a independencia"

"A apelación ao diálogo é a un conceito amplo de diálogo, seguindo as pautas da sentenza do Tribunal Constitucional".

"A hora de defender a Constitución, non estamos dispostos a receber lecións", di en alusión a que Alianza Popular, en que militaba Rajoy, non apoiou en bloque a Carta Magna.

17.35. Alfredo Pérez Rubalcaba (Líder da bancada do PSOE).

"Unha reforma constitucional federal resolve os problemas entre España e Catalunya".

"O noso Estado autonómico é cuase federal. Pero aquilo que nos falta é o que teñen os Estados federais. Nos Estados federais a división de competencias está clara".

"Queremos facer unha reforma da Constitución para continuar a viver xuntos".

"Estamos en desacordo coa independencia tamén por tamaño, pero non porque Catalunya sexa moi pequena, senón porque España é moi pequena".

"O dereito de autodeterminación é un dereito das colonias para separarse das metrópoles. E un dereito para irse. E un dereito que se aplica unha e outra vez até conseguir irse. Non estamos de acordo coa independencia de Catalunya".

"Non é tolerábel que en Catalunya haxa quen diga que España nos rouba"

"Os socialistas sempre defendimos o autogoberno de Catalunya"

"Non cabe facer un referendo autonómico sobre un asunto que afecta a todos os españois. Unha pergunta que afecta a todos os cidadáns de España non pode respondela só unha parte deles".

"O cumprimento da lei é unha obriga inexorábel para calquer demócrata".

"Non nos gusta aqueles que obrigan a elixir entre ser españois e ser cataláns".

"Falo en nome do grupo parlamentar socialista, composto por socialistas do PSOE e do PSC".

16:56 Mariano Rajoy (presidente do goberno español)

"Non podo dialogar sobre a soberanía nacional, porque non é miña. É de todos os españois".

"Vostedes deseñan un futuro idílico e non falan dos inconvenientes. Non din que Catalunya sería máis pobre nen que sairía da UE sine die. Perderían dereitos e liberdades de movimento e de entrada en España, na súa propia patria. Saben o que significaría para a banca catalá saír do BCE ou para todas as persoas que teñen aí os seus fondos, os seus aforros ou as súas pensións".

"Como é posíbel que un demócrata prohíba unha votación. Votar é democrático. Mais non bastan as urnas para que unha votación sexa democrática. Falta algo máis. Falta o respeito á lei. Non se pode recoñecer outra autoridade por enriba dos cidadáns que a lei, esa é a democracia".

"Unha parte non pode decidir sobre o todo. Nengunha constitución o permite. E tampouco a nosa. Sabe que o modifique quen o ten dereito a facer, que é a soberanía nacional".

"Desculpen a vaidade mais quizais eu creo en Catalunya máis que vostedes. Cando menos non preciso defender a cada paso que Catalunya existe e é un dos alicerces desta patria".

"Non me fale de Escocia. Se alí tivesen a metade da metade das competencias que teñen aquí non se tomarían estas molestias"

"A Constitución empéñase en prohibir algunhas cousas. E iso non cambia con manifestacións populares"

"Quero dixirme a todos, especialmente aos de Catalunya, para transmitirlle que traballo polo benestar de todos"

"Non concibo unha España sen Catalunya e unha Catalunya fóra de España. É unha cuestión de sentimentos".

"Interveño para reiterar algo que todos saben: Explicar o moito que nos une e os riscos dunha fenda. Xuntos gañamos todos, separados, perdemos"

"Voulles explicar con toda cordialidade porque non poden (...) Non é posíbel atender ao que nos pide o Parlament porque non o permite a Constitución"

"Esta competencia (de consultas) non é transferíbel, porque é de todos os españois"

"Non está permitido autorizar un referendo que quere proclamar unha soberanía que non existe. A soberanía é de todos os españois. Non hai soberanías rexionais, nin provinciais nin locais" 

16:41 Joan Herrera (IC-V)

"Resúltame moi difícil debater con vostedes de soberanía. Os que tanto defenden a soberanía española, cèdenlla os mercados"

"O problema non é a lei. É o anti-catalanismo que sementaron durante anos"

"O referendo é o mellor elemento para debater. O intelixente noutras latitudes é canalizar a demanda, non negala"

"Propoñémoslle un pacto, unha aídapolítica: que a cidadanía poida votar"

"Hoxe o pacto constitucional está roto" 

"Estamos aquí porque os inimigos do Estado de Benestar non desaproveitan a oportunidade de cargarse o autogoberno"

"Hai unha profunda desafección da sociedade catalá co Estado español"

"Non é un capricho: Milleiros de persoas queren decidir"

"Estamos nun acto de pedagoxía en España"

16:29 Marta Rovira (ERC)

"Catalunya é un pobo aberto e solidario, con xente vinda do norte, do sur, do Estado español. Xuntos somos un pobo

"Temos a sensación de que non nos aceptan como somos, como soñamos, como falamos. Os cataláns queremos votar. Sabemos que as urnas son om mellor contrato sobre o noso futuro"

"Señor Gallardón sobre todo, queremos un Estado de mulleres libres"

"Queremos un estado que traballe para que os cidadáns non paguen a factura do luzmáisalta de Europa"

"Hoxe en Catlunya somos unha gran maioría os que pensamos que o mellor para os nosos fillos éconstruír un Estado que sexa para as persoas, un Estado que invista en oportunidades"

"Tiña moitas gañas de que chegase este día para explicarlles, señorías, o que pasa en Catalunya"

16:16 Jordi Turull (CiU)

"Que ninguén se leve a engano: o pobo catalán non se meteu nun sal se podes. O pobo catalán colleu un camiño para decidir o seu futuro. A historia convocounos a todos. Nós, desde o Parlament, seremos dignos do mandato dos cataláns nas urnas".

"Non se pode dar as costas a unha petición pacífica, lexítima e democrática como é a do pobo catalán".

"Todos os expertos legais din que se hai vontade política o referendo sobre o futuro de Catalunya ten cabida na Constitución"

"Unha inmesa maioría do pobo de Catalunya chegou á conclusión de que así non podemos seguir"

"Non aceptamos nin coñecemos a palabra resignación. Grazas a iso preservamos a nosa linua, institucións e identidade"

"Queremos dar un exemplo de democracia". "Vimos aquí en nome dun pobo que xeración após xeración sempre se recoñeceu a si propia como nación"

"Representamos unha maioría dos cidadáns de Catalunya que queren decidir o seu futuro político"

Comentarios