O espía na campaña: enquisas e bipartidismos, esa íntima relación

Algúns xornais non saben disimular a cociña das enquisas que publican, con sospeitosos cambios dun mes ao seguinte. Outras si amosan menos descaro, pero teiman en propoñer uns comicios a dúas bandas, malia a queda enorme de PP e PSOE.

kiosokostgo
photo_camera Quiosque.

Tanto vender nos últimos días a recuperación do bipartidismo, para que despois veñan outros con datos demoscópicos sen cociñar, así non hai maneira. Non hai moito -nunha nova mostra da súa nova etapa de achegamento ao PP- El País manipulou descaradamente unha enquisa, na que se reflectía unha recuperación de case dez puntos do partido gobernante en só un mes. Só un mes. Que podería ter pasado para tamaña milagre? Pois o único a designación de Arias Cañete como cabeza de lista, que como se sabe é un home que esperta paixóns. Subida de dez puntos nun mes. Sospeitoso. Non?

 

Outros xornais, que tamén cambiaron non hai moito de director -colocando a un máis cómodo co goberno central- como La Vanguardia, porén, prefiren disimilar mellor. E na súa enquisa apostan por unha caída do bipartidismo que se levaría a nove deputad@s de PP e PSOE (por certo, a lista do BNG acadaría representación, e tamén entraría Lidia Senra como 5 da candidatura de IU).

 

Aínda así, que La Vanguardia sexa minimamente fiel ao que dan as enquisas non quita outra cousa. Que malia reflectir a caída do bipartidismo, as eleccións seguen a ser presentadas como unha cuestión a dúas bandas. Incluso a pesar de ser un medio catalán, onde nin PP nin PSOE son os partidos máis votados, cousa que queda para CiU e ERC. Pero manda quen manda.

Comentarios