Un Europarlamento con máis voces a demandar soberanía para os pobos

As eleccións do 25M deixa unha nova Eurocámara en Estrasburgo con máis deputad@s de partidos soberanistas e defensores das nacións sen estado e minorías nacionais. Un abano heteroxéneo e plural a socavar a Europa dos estados.

Manifestación en Bruxelas

Os resultados das eleccións do 25M puxeron de manifesto que na Unión Europea hai moito máis xogo que o procedente dos 28 estados que a conforman. Das urnas saíron centos de milleiros de papeletas para reforzar, apoiar e impulsar formacións políticas de pobos que fican á marxe da fotografía oficial da UE dos estados e dos grandes poderes de Bruxelas e Estrasburgo. O novo parlamento vai ter máis deputad@s de partidos e organizacións independentistas, soberanistas ou autonomistas que o saído das votacións de 2009. Escocia, Euskal Herria, Irlanda, Flandes, Gales, Catalunya, Tirol do Sur, Galiza..."Un bloque de organizacións heteroxéneo e plural, mesmo contraditorio, si, mais que desborda e pon en cuestión ese proxecto caduco e reaccionario dunha Unión Europea erguida en base a estados unitarios", en reflexión da sindicalista bretoa Annie Caillaud. 

Na nova Cámara de Estrasburgo, e a espera dos resultados definitivos dalgúns estados, haberá entre 45 e 50 parlamentari@s de partidos que teñen na defensa do dereito a decidir dos seus pobos unha trabe mestra do seu accionar. Un dato: @s independentistas foron as opcións máis votadas en Flandes (N-VA, 27% dos votos e 4 escanos), Euskal Herria (EH Bildu, 21% e 1 deputado), Escocia (SNP, 29 por cento e 2 representantes) e Catalunya (ERC, co 24 por cento dos sufraxios e 2 deputad@s).

Toda a información no Sermos Galiza nº98

Comentarios