Feijóo resta importancia ás imputacións de edís en Compostela. ''Hai cousas que me preocupan máis''

O presidente da Xunta bota balóns fóra a respecto da apertura de xuízo oral a sete concelleir@s do goberno local compostelán por prevaricación. Minimiza o sucedido reducíndoo a que só cumprían un “trámite administrativo”.

feijoo

O goberno local da capital de Galiza (PP) ten 11 dos seus 13 integrantes imputados. Ben for por presunta prevaricación, ben for por suposta corrupción, por ambas as dúas...Unha situación sen comparación xa non en Galiza ou no Estado español senón tamén en Europa. A apertura de xuízo oral a 7 edís por presunta prevaricación (querían pagar con fondos públicos a defensa dun edil do PP acusado de corrupción) fa máis preocupante a situación.

Mais o presidente da Xunta, e presidente do Partido Popular de Galiza, sácalle importancia a eses feitos. Feijóo afirmou que “entende” a decisión do alcalde de Santiago de reforzar a confianza neses edís, e dí que están encausados simplemente por mor dun “trámite administrativo”. Para remarcar o argumento, di que a decisión destes e estas concelleiras non tiveron repercusións económicas.

É máis, o presidente da Xunta asegurou na súa comparecencia após o Consello, e a preguntas d@s xornalistas, que había outros asuntos en Compostela que lle preocupaban máis.

Discrepancias desde Ourense

O presidente provincial do PP en Ourense, Manuel Baltar, tamén se referiu nesta quinta feira á situación xudicial dos concelleiros do partido Popular en Santiago: "Os códigos éticos dos partidos están para cumprilos e non se pode permitir ningún tipo de excepción".

Comentarios