Feijóo sinala as petroleiras por subir máis os prezos do gasoil en Galiza que no resto do Estado

O presidente anuncia que vai facilitar a instalación de novas gasolineiras e de estacións 'low cost'. A Xunta ten o imposto autonómico sobre combustíbeis no máximo legal.

O presidente da Xunta vén de iniciar unha cruzada contra as petroleiras, ás que responsabiliza de aplicar (“non sabemos o por que”, recoñece) en Galiza os prezos máis altos de todo o Estado español. Até un 5% máis caros.

A Xunta ten actualmente no máximo legal o imposto autonómico sobre carburantes. 4,8 céntimos por litro de gasoil ou gasóleo. Mais Feijóo insiste en que iso non ten a ver con que o combustíbel esté máis alto en Galiza que no resto dos territorios. E apunta que en Galiza hai unha das oitom refinerías do Estado, polo que a alza dos carburantes ten aínda menos sentido.

O presidente galego anunciou dúas medidas a adoptar polo seu goberno. En primeiro lugar, trasladar esta denuncia aos órganos encarregados de velar pola competencia para investigar se en Galiza hai un pacto de prezos entre petroleiras. En segundo, facilitar a instalación de máis gasolineiras e tamén de estacións de servizo das coñecidas como 'low cost' (moi habituais en Catalunya nos grandes centros comerciais, lembrou Feijóo).

Comentarios