Salvador López Arnal (Barcelona, 1954) publica con frecuencia en revistas como El Viejo Topo e é o editor da obra de Manuel Sacristán, figura central do marxismo peninsular no século XX. Ten escrito millenta obra sobre Sacristán, verbo de quen mesmo ten asinado un guión para o documentario Sacristán Integral.
No artigo aparecido no diario dixital Rebelión, López Arnal -que cualifica El País de diario "global e imperial"- nega que a intención de Juan Torres López, o catedrático de Estrutura Económica autor do artigo censurado, fose a de estabelecer ningunha identificación entre Merkel e Hitler. O que si hai, argumenta, é "unha crítica ben formulada" que visa sinalar "as dimensiones e os perigos do abismo ao que algunhas forzas queren levarnos e as causas que dan conta da situación actual".
Pergúntase López Arnal se fai sentido que unha reflexión así sexa censurada "por un diario que se gaba de ser liberal e democrático" e, a seguir, deita máis cuestións: "Que presións puido recibir? de quen? de que poderes fácticos?".