Medallas Castelao: 30 anos sen case rastro do legado do autor de "Sempre en Galiza"

Desde 1984 a listaxe de galardoad@s coa máis alta distinción civil de Galiza, e que leva o nome do rianxeiro, inclúe nomes moito máis 'polémicos' que o de Carme Fraga. Nela hai desde militantes fascistas até empresarias responsábeis de grandes desfeitas ambientais.

medallascastelao

A decisión da Xunta de conceder a Carme Fraga a Medalla Castelao xa xerou reaccións en contra de tal distinción para esta filla de Manuel Fraga. Polo que supón de que un goberno do PP premia a unha deputada do PP, filla do fundador do PP. E tamén porque como eurodeputada en Bruxelas impulsou leis prexudiciais para sectores básicos do país, como o mexilloeiro. 

O de Carme Fraga é máis unha polémica nun galardón que nos seus 30 anos de existencia ten recaído en valedores do golpe de Estado do 36, ex-conselleiras do PP ou grandes fortunas onde o compromiso co país é, por dicilo educadamente, discreto

Mais o de Carme Fraga é máis unha polémica nun galardón que nos seus 30 anos de existencia ten recaído en non poucas veces en persoas que estaban nas antíteses, xa non ideolóxicas senón mesmo éticas, de Castelao.

Así empezou todo

1984. 28 de xuño. A traída dos restos de Daniel Castelao desde A Chacarita (Bos Aires) a Galiza convulsiona Galiza. Compostela amanece tomada por policías e garda civís o día que vai recibir o corpo do 'Irmán Daniel'. Seis mariñeiros de Rianxo recolleron nos seus ombreiros o cadaleito do seu paisano desde a bodega do avión que o trouxo de alén mar até Lavacolla para levalo ao coche fúnebre que o agardaba a pé de pista.. Acto seguido, os mariñeiros (xunto cos centos de rianxeiros que estaban no aeroporto), volveron para a súa vila e negáronse asistir ao funeral e acto de recebemento que organizara a Xunta e autoridades españolas. Polo camiño de volta un dos autobuses autobús para na Rocha, baixan varios mozos e pintan: “Castelao é noso. Cabróns!”. Aplauden todos os pasaxeiros, mesmo os nenos, abraiados. Na cidade, saltos e duros enfrontamentos entre policía e manifestantes nacionalistas.

1984. O goberno autonómico institúe as Medallas Castelao. Condecoración de carácter civil para distinguir a obra artística, literaria, intelectual, ou de calquera outro tipo “dunha personalidade distinguida”. Ese ano as medallas van para Carvalho Calero, Ánxel Fole ou Paz Andrade,entre outros.

Avelino Pousa Antelo negouse a recibir a Medalla Castelao outorgada por Fraga por vir dun ministro franquista e ser uns 'galardóns desvalorizado

1985-ata Fraga. Foron galardoados con esta distinción persoeiros como Manuel Beiras, Ben-Cho-Sey, o Padre Seixas ou Ramón Piñeiro. A liña semella ser a de recoñecer os 'vellos galeguistas'.

Chegou Fraga. E punto

1990 para adiante. A chegada de Manuel Fraga á presidencia da Xunta de Galiza vai ter tamén reflexo no tipo de persoas 'premiadas' con estas medallas. Desde o principio, a mensaxe é clara: No seu primeiro ano como presidente outorga as medallas Castelao a Carmela Arias (Duquesa de Fenosa) ou a Augusto Assía, xornalista do máis polémico e cunha traxectoria máis que pintoresca. En 1982 acusou a BNG e Comisións Labregas de ter vínculos co terrorismo, o que lle custou unha demanda.

Xa advertira Miro Casabello aquilo de "Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel / Os que o tiñan desterrado agora falan ben del"

Mais a medalla máis 'polémica' dese ano foi a Luis Moure Mariño, escritor de libros laudatorios a Franco e que apoiou decididamente o golpe de Estado de 1936. A pluma deste xornalista deu para defender o nacional-socialismo e mesmo para aldraxar a Castelao e demais galeguistas.

Nos seguintes anos a nómina de persoas premiadas énchese de empresarios: Amancio Ortega, o mexicano Mario Vázquez, Roberno Verino, Adolfo Merino, Manuel Jove...E de xente como María Victoria Fernández-España, deputada de Alianza Popular e neta do fundador de La Voz.

Avelino Pousa Antelo negouse a recibir a Medalla Castelao outorgada por Fraga por vir dun ministro franquista e ser uns 'galardóns desvalorizados'. Xa en 2006 e co goberno de socialistas e nacionalistas, recibiríaa de novo.

Con Feijóo: de Manolita Besteiro e os 'ti-ches-tein'

Nos anos de goberno de Núñez Feijóo houbo galardoados como o de Manuela Besteiro (ex-conselleira con Fraga), a cantante Luz Casal ou os, en palabras do presidente 'ti-ches-tein'; para o resto do mundo, Chieftains, grupo irlandés.

Comentarios