O PP veta que se tramite a reprobación ao delegado do goberno

O PP fai valer a súa maioría na mesa do Parlamento de Galiza e veta tramitar unha iniciativa para reprobar o delegado do goberno. Unanimidade na oposición na denuncia do ''desprezo'' do goberno galego á cámara por esta e outras actuacións.

Pilar Rojo, presidindo a Mesa do Parlamento
photo_camera Pilar Rojo, presidindo a Mesa do Parlamento

O Goberno galego “despreza” o Parlamento de Galiza, usando a súa maioría para impedir, recortar, vetar ou suspender o simple debate ou tramitación de iniciativas da oposición. Esa é a denuncia que BNG, AGE e PSdeG veñen de facer tras unha xornada parlamentar na que os populares demostraron, salientan, como a maioría pode servir para manter sen voz á minoría.

O BNG estuda acudir ao Tribunal Constitucional para pedir amparo. AGE, ao Valedor.

A Mesa do Parlamento veta tramitar unha iniciativa do BNG para “reprobar a Samuel Juárez”. O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou que o BNG estuda acudir ao Tribunal Constitucional para pedir amparo ante a “vulneración dos dereitos dos deputad@s” ao impedir o Partido popular tramitar a Proposición non de lei. o veto demostra para Jorquera que “Juárez manda sobre o Goberno” e esta convertendo Galiza en “Ciudad Juárez”. Os nacionalistas pedían a reprobación do delegado español pola súa responsabilidade na desproporcionada  carga policial contra os traballadores do cerco e a súa negativa a que comparezan na Comisión de estudo de seguridade viaria altos cargos da Garda Civil de tráfico

Para Xosé Manuel Beiras (AGE), este tipo de decisións enmárcanse na “fase de recrudecemento do acoso á oposición”e de medidas represoras” contra a “liberdade de expresión”. Tamén o PSdeG, por boca de Méndez Romeu, criticou o veto da mesa do Parlamento.

Recorte

Mais este veto non foi a única 'incidencia' da xornada no Parlamento. O PSdeG presentou unha queixa pola tramitación da lei de medidas urxentes para a interpretación da lei de réxime local. Unha lei que vai ter repercusións directas e graves (“vulnera as competencias de Galiza” di Jorquera, “viola as normas galegas e quere privatizalo todo” afirma Beiras) non pode ser 'despachada' á lixeira, denuncian.

Comentarios