Nós-UP descarta concorrer ás europeas ''ao non ser posíbel artellar a candidatura que Galiza precisa”

A formación sinala que esta cita non era ''unha prioridade'' e que o interese radicaba na posibilidade de avanzar en ''posicións unitarias e rupturista” contra España e a UE.

NOs-UP
photo_camera NOs-UP

Nós-Unidade Popular lamenta que non fose posíbel “artellar a candidatura que Galiza” precisaba para estas eleccións europeas e que non se concretase unha “alternativa útil” para “o pobo traballador galego” na cita do 25 de maio. Por iso a súa Dirección Nacional informou nesta quinta feira mediante un comunicado que Nós-Up non se presentará a estes comicios, nin en solitario nin como parte dunha coligación.

Se ben Nós-UP sinala que esta cita non era ''unha prioridade'' para ela, lembra que que o interese radicaba na posibilidade de avanzar en ''posicións unitarias e rupturista” en Galiza contra España e a UE. Mais iso non foi posíbel.

Nesta liña, afirman que a opción dunha candidatura “unitaria e plural” de soberanistas de esquerda de Galiza ficou invalidade “pola falta de dispoñibilidade” de BNG e Anova. Foi entón que se apostou por unha coligación de soberanistas de esquerdas galegos, cataláns e vascos. Mais a "lexítima negativa" das CUP a concorrer nos comicios impedíu este polo.

Desde Nós-UP tamén se aponta que “mantemos todo o interese e disposición para continuarmos a favorecer dinámicas conxuntas da esquerda soberanista e independentista galega”.

Comentarios