Moción de censura na Baña: PP recupera a Alcaldía co voto dos 2 concelleiros de Compromiso

García Cardeso recupera así o bastón de mando que xa ostentou durante 24 anos, entre 1995 e 2019.
alcalde da baña
photo_camera García Cardeso

(En ampliación)

O popular Andrés García Cardeso recuperou esta terza feira a Alcaldía da Baña, comarca da Barcala,  após prosperar a moción de censura contra o até agora rexedor José Antonio Pereira (PSOE) grazas aos votos dos dous edís de Compromiso por Galicia (CxG).

O debate da moción, rexistrada a finais de novembro polo PP e Compromiso por Galicia -que suman seis do once edís da corporación -, tivo lugar na mañá desta terza.

García Cardeso recupera así o bastón de mando que xa ostentou durante 24 anos, entre 1995 e 2019, cando o socialista José Antonio Pereira fíxose coa Alcaldía ao contar co apoio dos dous edís de CxG, claves agora para que os socialistas, con cinco concelleiros, perdan o goberno en favor dos populares, que teñen catro asentos na corporación local.

O PP da Baña e Compromiso A Baña -ex militantes de Compromiso por Galicia- presentaron a finais do pasado mes de novembro a moción de censura que converterá en rexedor Andrés García Cardeso, do PP. Compromiso defendeu a moción debido aos “continuos desprezos á oposición” do alcalde, a quen acusa de “incapacidade para gobernar”.

Comentarios