Oficina anti-fraude da UE valora investigar a Deputación de Pontevedra

A denuncia de que o proxecto con fondos comunitarios ‘Pousadas’ favorece a persoas cercanas ao PP vai ser investigada por este organismo europeo.

Louzán, presidente Deputación Pontevedra
photo_camera Louzán, presidente Deputación Pontevedra

A Oficina anti-fraude da Unión Europea (Olaf) está a valorar se investiga a Deputación de Pontevedra, en mans do Partido Popular, por irregularidades no uso de fondos comunitarios, segundo Europa Press. O comisario responsábel de loita contra a fraude, Algirdas Semeta, recoñeceu nunha resposta por escrito a Iñaki Irazabalbeitia, eurodeputado de Aralar, esta posibilidade. Unha denuncia do BNG está na orixe de todo este proceso.

Irazabalbeitia fixo unha interpelación na cal sostiña que o proxecto de turismo ‘Pousadas’ favoreceu a “promotores e familiares do PP, o partido no Goberno da Xunta e que ten sido denunciado publicamente por mal uso de fondos comunitarios”. A Olaf comeza agora o proceso de contacto e recompilación de información sobre este tema, para decidir se “é dabondo para abrir unha investigación”.

A Deputación de Pontevedra, presidida por Rafael Louzán, está no albo de non poucas denuncias e acusacións por utilización cliente,ar de fondos.

Comentarios