Paula Prado, portavoz do PP: ''O BNG lexitima 50 anos de terrorismo en España''

A deputada e voceira do PPdeG carga contra o acordo para as europeas de BNG e EH Bildu e mesmo di que o Bloque “ten dificultades para condenar Resistencia Galega”.

paulaprado_capa
photo_camera paulaprado_capa

Non pasaran nin 10 minutos da sinatura en Bilbo por BNG e EH Bildu do acordo para concorrer en coligación a Europa e xa o PPdeG emitía un comunicado oficial sobre este tema. A portavoz popular, Paula Prado, afirma que “coa súa decisión de aliarse con Bildu, o BNG está pedindo aos galegos lexitimar 50 anos de terrorismo en España”.

Mais non só dixo isto, a voceira do PP de Galiza tamén criticou “as dificultades que ten o BNG para condenar accións que a propia Audiencia Nacional considera terroristas, como é o caso das de Resistencia Galega”.

Prado afirma que “o sector máis radical do Bloque impúxose”, tomando unha decisión que “é froito da deriva que está a experimentar este partido, que vai de camiño a converterse nun partido puramente residual e marxinal”.

Comentarios