Persoas próximas aos parlamentares de Podemos impugnan a nova executiva de Breogán Riobóo

Preparan un recurso perante a comisión de garantías, o que volve evidenciar a división existente no partido en Galiza.

tone
photo_camera Gómez Reino

Persoas próximas aos deputados e o senador de Podemos-Galiza (eleitos na coligazón En Marea) están a preparar unha impugnación da votación na que se escolleu a nova executiva do partido deseñada polo secretario xeral, Breogán Riobóo. Así o afirma 'La Voz de Galicia', que apontan a qiue o sector próximos aos parlamentares (e enfrontado con Riobóo) elaboran un recurso a presentar perante a Comisión de garantías por entender que non se deu nin a equidade nin a transparencia no proceso que requiren as normas de Podemos. A nova executiva foi ratificada por 15 de 27 votos, o que Riobóo considera aval de abondo.

No xornal coruñés tamén informan dun escrito que o deputado e home da total confianza de Pablo Iglesias, Antón Gómez-Reino, remitiu ao seu sector dentro do Partido e no que fala de “nociva falla de coordenación” dentro de Podemos Galiza e recoñece que tanto el como os outros 2 parlamentares están a esquivar a prensa para “evitar que nos pregunten” sobre a crise.

Riobóo defendeu esta semana que as persoas que pasarán a integrar as novas responsabilidades da Executiva contaron co apoio da "maioría absoluta" do Consello cidadán. No concreto 15 votos a favor, unha abstención e un en contra. Este órgao estaba composto inicialmente por 34 persoas das que fican 27. Porén, Riobóo asegurou que non teñen intención de renovalo ao ter sido elixido pola militancia para un período de "tres anos". Neste senso, acrecentou, continuarán "mentres que a xente queira que sigamos". 

Comentarios