O PP apela á mobilización dos “demócratas”

A cabeza de lista do PP por Pontevedra e ministra de Fomento, Ana Pastor, apelou aos “demócratas” para movilizar o seu voto nunhas eleccións que cualificou como “moi importantes”.

ANA PASTOR
photo_camera ANA PASTOR

Ana Pastor, que votou no colexio electoral de Campolongo acompañada, entre outras, de Pilar Rojo, presidenta do Parlamento galego e número 3 da candidatura, sinalou en declaracións aos medios que hoxe “decidimos o futuro que queremos para Pontevedra”. “É un día moi importante, non para min, que  son a de menos, senón para o futuro da xente”, engadiu.

A número 1 do PP pola Coruña cualificou este 20D como “trascendental”. “Ás veces non somos conscientes da importancia que ten a política na nosa vida”, concluíu Ana Pastor, quen seguirá o reconto electoral desde a sede provincial do PP.

Gran día despois da precampaña e campaña é o momento onde todos os espalñoius teñen a oportunidade de elixir a través dos seus votos que modelo de futuro queren para España e eu o único que quero é animar á participación, que sexa o máis alta posíbel, e que non haxa ningún tipo de incidentes.

Comentarios