O PP proclama Feijóo candidato á Xunta

Case o 98% do Congreso votou a favor del nun conclave marcado pola ausencia de Rajoy. 

Feijóo_PPdeG
photo_camera Alberto Núñez Feijóo [Imaxe PPdeG]

O Partido Popular clausurou o seu XVI Congreso na Galiza decorrido en Expourense esta fin de semana. Nel Alberto Núñez Feijóo foi proclamado --co 97,8% dos votos a favor-- como candidato á Xunta nas eleccións ao Parlamento que terán lugar este outono. Apenas o 2% dos votos que non foron para avalar o actual líder do PPdeG resultaron en branco. 

No acto, Feijóo estivo acompañado pola secretaria xeral do PP a nivel estatal, María Dolores de Cospedal, quen asegurou na súa intervención que "o PP é o partido de Galiza". O cónclave estivo marcado pola ausencia de Mariano Rajoy quen optou por non apoiar --nen sequera na foto-- a Feijóo. Así as cousas, o presidente o PP si fixo parte na xornada do sábado dun acto organizado por Novas Xeracións. 

Feijóo aspira nos comicios deste ano a revalidar a súa maioría absoluta, aínda que recoñece que "non será doado". Así, asegurou, aspira a "volver gañar e gobernar" durante outros catro anos. 

No XVI Congreso Feijóo anunciou quen será o novo secretario de organización do PPdeG, cargo que recaeu no actual portavoz da formación e deputado no Pazo do Hórreo, Miguel Tellado. 

Comentarios