O PP valida en solitario o mandato marco da CRTVG, tres veces rexeitado pola oposición

BNG e AGE pediron a retirada do texto por ficar demostrado, sinalan, que non goza de consenso e que só é apoiado polo Partido Popular.

Protesta-BNG-Mandato-Marco-CRTVG

O PPdeG fixo valer a súa maioría de deputados para, á terceira, validar o mandato marco da Compañía de radio televisión de Galiza (CRTVG). Chegouse a esta terceira votación despois de que na primeira e segunda (nas que era mester maiorías cualificadas) a oposición votase en contra, en desacordo co texto. De feito, e nesta terceira votación, BNG e AGE solicitaron a retirada do documento. Non houbo nesta sesión, ao igual que na semana pasada, debate do texto, embora a oposición pedise que se volvese tratar a cuestión no Hemiciclo da Cámara galega.

O portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera pediu a retirada do punto do día sobre a votación argumentando que chegar a “unha terceira votación esixe “repensar o documento e elaborar unha nova redacción”. A presidenta da Mesa, Pilar Rojo rexeitou a petición. Foi aí cando todos os membros do grupo parlamentar do BNG ergueron do escano exhibindo un cartaz co lema “O PP secuestra a CRTVG”.  

Comentarios