O PSOE ordena aos socialistas navarros non desaloxar a dereita do goberno de Nafarroa

Ferraz ordena ao PSN que nin presente nin apoie unha moción de censura contra Barcina para non ter así que 'coincidir' con Bildu. A 'imposición' anoxou a cargos e militantes socialistas de Nafarroa.

nafarroa

Dixérao Elena Valenciano, vice-secretaria xeral do PSOE, hai uns días: “Con Bildu non imos nin á volta da esquina”. E a Executiva federal Partido Socialista vén de aplicar esa máxima, mesmo que con iso permita seguir no poder a un goberno en minoría (UPN) acosado por diversos escándalos de corrupción. Ferraz ordena o PSN que non presente nin apoie unha moción de censura contra Yolanda Barcina, para así non ter que 'coincidir' con Bildu. O pánico do PSOE a unha campaña de ataques mediáticos acusándoos de pro-etarras por votar coa esquerda abertzale pode máis que a necesidade de botar a dereita do poder. Xa Rubalcaba afirmara no seu momento que a “estabilidade institucional” de Nafarroa era unha prioridade para o PSOE e que as decisións importantes habían de se tomar en Madrid, como lembran desde Naiz.

A decisión da Executiva federal do PSOE foi xa aplaudida polo PP e por UPN

A decisión de Ferraz foi xa aplaudida polo PP e por UPN. A crítica vén de todo o resto da oposición (Bildu, Aralar, Geroa Bai, Izquierda-Ezkerra...) e mesmo de sectores do propio PSN. É a segunda vez que o PSOE impide (a outra fora a principios de 2013) que se expulse do goberno de Nafarroa a dereita. A esquerda abertzale é a terceira forza no parlamento navarro, onde ten 7 parlamentarios (PSN ten 9 e UPN,19). A composición da Cámara complétase con 6 deputad@s de Aralar-Nafarroa Bai, 4 do PP, 3 de Izquierda-Eskerra e 2 non adscrit@s.

“Unha decisión tomada por intereses afastados d@s navarr@s”

A orde do PSOE xa xerou reaccións e críticas na oposición política e nos sectores cidadás que levan meses de mobilizacións activas contra o goberno de UPN. “Unha decisión tomada en Madrid e en base a intereses afastados d@s navarr@s”, lamentan.

Comentarios