O rexedor de Ferrol considera que ningún dos alcaldes das Mareas debería ser candidato á Xunta

Jorge Suárez fala da “posibilidade histórica” de ter un presidente galego “xurdido dun movemento de unidade popular”.

jorge suárez ferrol

Jorge Suárez, alcalde de Ferrol, considera que ningún dos rexedores da Marea deben ser candidatos á Xunta de Galiza. En declaracións á cadena Ser, o ferrolán amosou o seu convencemento de que estes alcaldes non deben deixar os seus postos, “por responsabilidade” e compromiso coa veciñanza que os elixiu. Así que non el propio, nin Martiño Noriega nin Xulio Ferreiro deberían encabezar a lista da Marea para tentar conquistar a Xunta. “Non deberiamos abandonar os nosos postos nas trincheiras”, dixo.

O dirixente de Esquerda Unida considera que os resultados obtidos por En Marea o 20-D non teñen “parangón” na historia “para un grupo que representa só os intereses dos galegos” e considera que nas eleccións galegas previstas para este ano eses resultados poden mesmo ser mellores. “Temos a posibilidade histórica de ter un presidente da Xunta xurdido dun movemento de unidade popular”.

Comentarios