Sermos Galiza avanza o debate desta quinta feira entre as dúas ponlas do bipartidismo

O debate bipartidista vaise realizar, após ser aprazado polo asasinato da presidenta da Deputación de Léon, esta quinta feira 15 de maio (22.30 h). Mais Rodri Suárez imaxinou xa o debate e tráenolo en bandexa de prata, permítannos esta chiscadela a Billy Wilder.

can
photo_camera can

Madrid. Estudos centrais de televisión española. Moito foco e cámara. Unha mesa branca, grande como para un batallón, pero na que só hai tres persoas. Están pactados os tempos e a temática a tratar, por bloques. Á dereita, o candidato europeo do PP, Miguel Arias Cañete. Á esquerda, mais con tendencia a moverse sempre face á dereita, a candidata do PSOE, Elena Valenciano. No centro, a moderadora, María Casado, unha desas persoas ás que a Televisión Española introduce no ocultismo para non envellecer xamais. Un cartel ao fondo di: Debate Europeas 2014. O rexedor baixa a man. Comeza. Presentacións de rigor. Arrinca a cousa.

-Moderadora: Tal e como se chegou a acordo entre ambas formacións, o debate comezará cun bloque....

-Arias Cañete (ameazador): Quedamos en que non se dixera esa palabra!!!

-Moderadora: Perdón?

-Arias Cañete (autoritario): A palabra que acaba de dicir, esa non, que non se diga.

-Moderadora: Bloque?

-Arias Cañete (agora como asustado): Tssssss. Cale, cale.

-Moderadora: Ah, ben. Pois imos co... apartado?

-Elena Valenciano (sorrinte): Iso é como temos aos nacionalistas, apartados, he, he, he...

-Moderadora (faciana de resignación): Entendo. Voulles pedir a súa opinión sobre a Unión Europea, un balance e tamén cara onde cren que debe camiñar. 

Se queres coñecer todo o contido do debate... cóntamoscho no Sermos Galiza nº96, xa na rúa

Comentarios